Curso Educando para a sustentabilidade

Campus, casa, cidade: laboratorios do cambio (Proxecto UDC + Fundación Alcoa)

Memoria e Resultados

O obxecto do proxecto UDC-Fundación Alcoa “Educando para a sustentabilidade” consistiu en formar ao alumnado nos conceptos básicos da sustentabilidade e desenvolver a súa capacidade para actuar nas cuestións prioritarias da sustentabilidade ambiental e social. Os resultados do proxecto foron presentados o pasado 18 de xullo na Sala de Prensa da Reitoría, nun acto que contou coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o representante de Alcoa A Coruña, Alberto Carvajal, xunto co vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, Domingo Calvo, e o adxunto para Sustentabilidade, Manuel Soto.

Na seguinte ligazón podes acceder á memoria desde proxecto

Programa

Conferencias/debates

Cambio climático, auga, educación ambiental, recursos mineiros, microplásticos, factura eléctrica, residuos, UDC saudábel...

Obradoiros

Pegada ecolóxica. Pegada hídrica. Ruído. Reciclaxe. Compostaxe. Auditoría da auga. Uso sostible das tics. Ferramentas on line...

Manchando as mans

Alimentación/horta. Visita a Nostián. Cociña solar. Encontro solar. Limpeza de praias. Proxecto ríos...
 

campuscasacidade

Organización: OMA-UDC
Financiamento: FUNDACIÓN ALCOA
Participación gratuíta
Prazas limitadas para obradoiros: formulario de inscrición
Certificado de asistencia e aproveitamento pola UDC.
Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación, seleccionadas de entre calquera das actividades deste e doutros programas de educación para a sustentabilidade da OMA.

Calendario dos módulos presenciais dos obradoiros

CUR (Riazor, convocatoria intensiva en 1 día) // 14 de abril, 10 – 19 h

10-11:30 h A pegada ecolóxica. A pegada da auga. A contaminación acústica. (+4 h de traballo autónomo)
12-13:30 h Uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa.
15:30-17 h Reciclaxe: Recollida separada residuos. Obradoiro de compostaxe. (+3 h de traballo autónomo)
17:30-19 h Auditoría da auga e da enerxía na casa e no centro. (+4 h de traballo autónomo).

*Notas:

  • Aconsellable asistencia con ordenador portátil
  • Inscricións deste curso ata 12/04 ás 24 h no correo oma2@udc.gal

CUR (Riazor, en fin de semana) // Sábados 10 e 17 de marzo

10/03 Parte I

10:00 - 12:00h. A pegada ecolóxica. A pegada da auga. A contaminación acústica (+4 h de traballo autónomo)
12:30 - 14:00h. Uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa
16:00 - 18:00h. Reciclaxe: Recollida separada residuos. Obradoiro de compostaxe (+3 h de traballo autónomo)

17/03 Parte II

10:00 - 12:00h. Auditoría de augas na casa e no centro (+3 h de traballo autónomo).
12:30 - 14:00h. Auditoría da enerxía na casa e da iluminación do centro (+3 h de traballo autónomo).

Facultade de Ciencias da Educación (Elviña) // Os martes 11:30-14h

20/03. Uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa
3/04. Pegada ecolóxica. Pegada da auga. Contaminación acústica (+3.5 h de traballo autónomo)
10/04. Reciclaxe. Recollida selectiva. Obradoiro de compostaxe (+3 h de traballo autónomo)
24/04. Auditoría da auga na casa e no centro. Auditoría enerxética (+3 h de traballo autónomo)

Os contidos e prazos de realización do traballo autónomo explicaranse durante as sesións presenciais. O módulo de TICs non ten traballo autónomo, xa que o uso destas ferramentas inclúese nos outros módulos.