Honoris causa

Carmela Arias y Díaz de Rábago

Carmela Arias y Díaz de Rábago

A moi ilustre señora Carmela Arias y Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa, pola súa protección, empeño e labor constante en prol das ciencias, das letras e das artes.

Emilio González López

Emilio González López

O moi ilustre don Emilio González López, pola súa exemplar dedicación universitaria á promoción e defensa dos valores culturais de Galicia.

Mario Alberto Nobre Lopes Soares

Mario Alberto Nobre Lopes Soares

O excelentísimo señor don Mario Alberto Nobre Lopes Soares, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como escritor, como xurista e como político comprometido firmemente coa defensa dos dereitos humanos.

Aníbal Antonio Cavaco Silva

Aníbal Antonio Cavaco Silva

O excelentísimo señor don Aníbal Antonio Cavaco Silva, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como escritor, como político e como docente senlleiro no eido da economía.

Fernando Lázaro Carreter

Fernando Lázaro Carreter

O excelentísimo señor don Fernando Lázaro Carreter, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como lingüista, teorizador da literatura e como escritor que, a través dos seus brillantes artigos na prensa, soubo transmitir un talante de sinseleza, tolerancia e sentido común en relación co uso idiomático e coa conciencia lingüistica.

Domingo García-Sabell Rivas

Domingo García-Sabell Rivas

O excelentísimo señor don Domingo García-Sabell Rivas, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como escritor, como médico e humanista comprometido firmemente coa defensa e difusión da cultura de Galicia.

Antonio García-Bellido García de Diego

Antonio García-Bellido García de Diego

O excelentísimo señor don Antonio García-Bellido García de Diego, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como docente e investigador sobranceiro no eido da xenética do desenvolvemento.

Adolfo Suárez González

Adolfo Suárez González

O excelentísimo señor don Adolfo Suárez González, polos extraordinarios méritos que concorren na súa persoa como político, responsable, a través da súa actuación, da reinstauración do sistema democrático en España e firme defensor dos valores da liberdade, a tolerancia e a convivencia pacífica.

Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas

O excelentísimo señor don Xosé Neira Vilas, polos relevantes méritos que concorren na súa persoa como escritor, capaz de recrear cun fondo lirismo o mundo das vivencias cotiás e pola sua permanente defensa da lingua e da cultura galegas como vieiros para tender lazos de entendemento entre ambas beiras do Océano Atlántico.

Valentín Fuster de Carulla

Valentín Fuster de Carulla

O excelentísimo doutor don Valentín Fuster de Carulla, polas súas aportacións á investigación e a difusión do coñecemento científico das enfermidades cardiovasculares, contribuíndo a mellora-la calidade de vida dos cidadáns.

Seamus Heaney

Seamus Heaney

O excelentísimo doutor don Seamus Heaney, polas súas valiosísimas aportacións ás Letras Irlandesas Contemporáneas e, por ende, á súa contribución de gran transcendencia para un maior coñecemento da experiencia humana universal.

Enrique V. Iglesias García

Enrique V. Iglesias García

O excelentísimo doutor don Enrique V. Iglesias García, polas súas valiosísimas aportacións a investigación e á diseminación do coñecemento científico sobre o desenvolvemento económico, a asimilación do progreso técnico nos países en desenvolvemento e a integración económica internacional, así como pola súa contribución á consolidación dunha comunidade iberoamericana de nacións.

Emiliano de Aguirre Enríquez

Emiliano de Aguirre Enríquez

O excelentísimo doutor Emiliano de Aguirre Enríquez, polas súas relevantes aportacións á investigación no eido da paleontoloxía humana tanto en España como en Galicia co descubrimiento e investigación de Atapuerca, Burgos e Gándaras de Budiño, Pontevedra, así como polas súas contribucións á formación do xermolo dos investigadores do cuaternario español espallando os seus traballos por todo o mundo.

Santiago Rey Fernández Latorre

Santiago Rey Fernández Latorre

O excelentísimo señor don Santiago Rey Fernández Latorre, editor e empresario, en recoñecemento ao seu labor emprendedor, acompañado pola defensa das libertades e polas súas aportacións á cohesión de Galicia como comunidade.

Manuel Ramón Llamas Madurga

Manuel Ramón Llamas Madurga

O excelentísimo señor don Manuel Ramón Llamas Madurga, pola súa valiosa contribución promovendo a hidráulica subterránea en España e integrando os valores tecnolóxicos e humanísticos da enxeñería da auga.

Gerald M. Edelman

Gerald M. Edelman

O excelentísimo señor don Gerald M. Edelman, polos seus descubrimientos que permitiron o nacemento da moderna inmunoloxía e polas súas aportacións sobre o desenvolvemento do cerebro humano e os mecanismos da consciencia.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo

O excelentísimo señor D. Isaac Díaz Pardo, memoria viva da loita pola liberdade e a democracia, en recoñecemento da súa obra, decisiva para a construción cultural e industrial de Galicia.

María Wonenburger

María Wonenburger

A excelentísima señora Dona María Josefa Wonernburger Planells, a quen se lle recoñece, ademais do seu exemplo persoal, a súa admirable traxectoria docente e investigadora no ámbito da Álxebra por desenvolvela en tempos e circunstancias difíciles en canto muller e científica.

Manuel Rivas Barrós

Manuel Rivas Barrós

O excelentísimo señor don Manuel Rivas Barrós, pola recoñecida excelencia do seu labor literario e xornalístico, pola innegábel achega da súa diversificada escrita á literatura, á cultura e á sociedade galegas, así como, na súa teimosa defensa das causas universais dos bos e xenerosos, polo seu moi relevante contributo para a dignificación do ser humano e para a cabal recuperación da integridade da súa memoria.

John Rutherford

John Rutherford

O excelentísimo doutor John Rutherford, pola súa extraordinaria traxectoria académica como hispanista e tradutor, e polo seu admirable compromiso co estudo e divulgación da cultura e literatura galegas no ámbito anglófono.

Thomas Joseph Robert Hughes

Thomas Joseph Robert Hughes

O excelentísimo doutor Thomas Joseph Robert Hughes, polas súas excepcionais contribucións científicas, técnicas e tecnolóxicas no ámbito da mecánica computacional e as súas aplicacións á enxeñaría e as ciencias aplicadas, polos seus traballos seminais en campos enteiramente novos de investigación e desenvolvemento, e polo extraordinario impacto da súa obra a nivel global tanto no mundo académico como no da industria.

Johanna Elisabeth Van Bruggen

Johanna Elisabeth Van Bruggen

A excelentisima doutora Johanna Elisabeth Van Bruggen a quen se lle recoñece o seu compromiso, desde a terapia ocupacional coa equidade socio e sanitaria, visión estratéxica e acción innovadora capaz de conectar diversos actores, institucións e cidadanía, através de proxectos que promoven a educación e a construción conxunta dunha sociedade máis xusta e inclusiva, mimetizándose coas diferentes realidades socioculturais internacionais.

Michael W. Apple

Michael W. Apple

O excelentísimo doutor Michael W. Apple, pola grande importancia, relevancia e impacto no noso contexto e a nivel mundial das súas contribucións científicas ao campo da educación, nomeadamente polo seu compromiso en prol da xustiza educativa; pola longa e prolífica liña de investigacións e publicacións en que con gran rigor denuncia como se constrúen, reproducen e lexitiman as desigualdades sociais e educativas, mostrando, así mesmo, camiños para facerlles fronte e construír modelos de educación máis xustos, inclusivos e democráticos; e polo seu forte compromiso coa educación pública.