Talleres

De xeito voluntario os alumnos poderán matricularse dun ou máis dos seguintes talleres:


CAMPUS CORUÑA 2018/2019:

 CAMPUS FERROL 2018/2019:

 

Normas do curso 2018/2019 para os Talleres na Universidade Sénior:

Preinscrición on-line (só alumnos/as de 2º, 3º e 4º e Graduados/as Sénior): do 25 ao 28 de xuño

Sorteo público de prazas: 3 de xullo, ás 10 horas.

Resultado do Sorteo por Talleres (campus da Coruña)

 

Matrícula en Talleres: do 4 ao 6 de xullo.

 

  • Serán necesarios un mínimo de 20 alumnos/as para seren impartidos os talleres.
  • O número máximo de alumnos/as que se poderán matricular é o seguinte:
    • Taller de Conversación en Lingua Inglesa, un máximo de 30 alumnos/as.
    • Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática, un máximo de 28 alumnos/as.
    • Taller Europeo, un máximo de 30 alumnos/as
    • Taller de Lingua Galega, un máximo de 30 alumnos/as
    • Taller de Materia e Vida: os segredos da Química, un máximo de 24 alumnos/as
    • Taller de Apreciación e Práctica da Expresión Musical, un máximo de 24 alumnos/as
    • Taller de de Cine: Arte e Historia, un máximo de 30 alumnos/as
    • Taller de Manexo Avanzado de Internet e Multimedia, un máximo de 25 alumnos/as
    • Taller de Comunicación non Verbal, un máximo de 30 alumnos/as
    • Taller de Ciencia e Vida, un máximo de 30 alumnos/as
       
  • No caso de haber máis solicitudes que prazas utilizarase as letras resultantes do sorteo do día 3 de xullo para a asignación de prazas.
  • Só poderán matricularse en Talleres os alumnos e alumnas que estén a cursar a titulación ou ben os xa graduados e graduadas.
  • No Taller de Manexo Avanzado de Internet e Multimedia, no Taller Europeo e no Taller de Comunicación Social e Capacitación Mediática, é preciso ter coñecementos básicos de informática e internet.
  • O custo dos Talleres é de 50 € cada un.