Normas do curso

NORMAS DO CURSO 2018/2019 PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O número de materias das que deberá matricularse é de tres (9 créditos).

 

INSTRUCIÓNS MATRÍCULA DO CURSO ACADEMICO 2018/2019 PARA OS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS EN PRIMEIRO CURSO

  1. A admisión ao Programa obtense logo do proceso de preinscrición. En caso de que a demanda de prazas exceda a oferta, farase un sorteo público. A concesión de prazas farase pública por medio da lista de admitidos, e crearase unha lista de espera cos non admitidos.
  2. As listas publicaranse na páxina web da Universidade Sénior e nos taboleiros de anuncios do Programa. Entenderase realizada a comunicación aos interesados coa publicación das listas mencionadas.
  3. Unha vez publicadas as listas de admitidos, terán de prazo para matricularse do 5 ao 7 de setembro, a través da plataforma on-line de matrícula da Universidade Sénior.
  4. Deberán presentar antes do 14 de setembro na Secretaria da Universidade Sénior a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos, que deberá conter necesariamente:
    1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.
    2. Unha foto recente de tamaño carné co nome e apelidos no reverso.
    3. Documentación acreditativa non estar nunha situación laboral activa: xubilado, prexubilado ou situación asimilada, desempregado ou sen actividade laboral remunerada.
  5. Unha vez concedida unha praza, o dereito do solicitante para ocupala finaliza ao termo do prazo que se estableza para a formalización da matrícula. En caso de non formalizar a matrícula nese prazo, entenderase que o estudante renuncia á praza adxudicada.
  6. Cando un solicitante renuncie a unha praza, esta pasará ao seguinte alumno na lista de agarda. Os movementos na lista de espera serán publicitados na páxina web da Universidade Sénior e nos taboleiros de anuncios do Programa, os días 12 e 19 de setembro.

 

En primeiro curso, no campus da Coruña, dúas son obrigatorias, Psicoloxía e Exploracións Culturais: Arte-Ciencia-Técnica, e a terceira pódese escoller entre as seguintes:


LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DA CORUÑA

 

En primeiro curso, no campus da Ferrol, dúas son obrigatorias, Psicoloxía e Historia de Europa, e a terceira pódese escoller entre as seguintes:


 LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DE FERROL

 

 

Na elección de asignaturas optativas, os alumnos de 2º, 3º e 4º teñen preferencia.

Ademais das tres materias, poderán matricularse nos talleres, do 5 ao 7 de setembro.

 

 

DOCUMENTACION NECESARIA PARA MATRICULARSE OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO CURSO

  • Unha fotografía tamaño carné
  • Unha fotocopia do DNI
  • Documentación acreditativa de non estar nunha situación laboral activa: xubilado, prexubilado ou situación asimilada, desempregado/a ou sen actividade laboral remunerada.

 

NORMAS DO CURSO 2018/2019 PARA O ALUMNADO DE 2º, 3º e 4º CURSO

O número de materias en que vostede deberá matricularse é de tres. Dúas son obrigatorias e a terceira optativa a escoller entre as que figuran no plano de estudos baixo a denominación de optativas.


IMPORTANTE: Non pode vostede matricularse de materias que xa cursou.


Será necesario un mínimo de 20 alumnos/as para que unha materia optativa sexa impartida.


Ademais das tres materias poderá preinscirbirse nos talleres (do 25 ao 28 de xuño) e nun máximo de dúas materias como oínte (do 17 ao 19 de setembro).


O alumnado que non aprobase/xustificase a asistencia algunha das materias en que se matriculou deberá matricularse de novo doutra disciplina adicional para cubrir todos os créditos necesarios por curso.

 

 

Alumnos/as Ointes

Os alumnos/as que xa cursaran os catro cursos e obtiveran o título de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña, poderán matricularse como oíntes nun máximo de dúas asignatruras nas que non se cubriran as súas prazas con alumnos/as de matrícula oficial. O prazo de matrícula como oíntes será do 17 ao 19 de setembro.

 

 

O curso comeza o día 8 de outubro.