Catálogo de materias de grao que admiten alumnos e alumnas sénior como ointes

Os nosos alumnos e alumnas, logo de cursar os catro cursos e ter conquerido o título de Graduado/a Sénior pola Universidade da Coruña, teñen a posibilidade de cursar, como oíntes, asignaturas dalgunha das titulacións de Grao e Master que se imparten na Universidade da Coruña.

O catálogo de materias recolle unha ampla oferta de mateiras que ofertan prazas para os nosos titulados e tituladas da Universidade Sénior para o vindeiro curso académico 2018-2019:

Catálogo de Materias de Grao que admiten graduados e graduadas sénior como oíntes, no curso 2018-2019 (*)

  • Primeiro cuadrimestre: desde o 10 de setembro ao 21 de decembro de 2018
  • Segundo cuadrimestre: desde o 29 de xaneiro ao 16 de maio de 2019

Impreso de solicitude de prazas para titulados/as como alumnos/as oíntes en Materias de Grao. Curso 2018-2019

 

(*) Cubertas a totalidade das prazas ofertadas nas materias:

  • Filosofía e Literatura, e Anatomía Humana I (17/07/2018).
  • Patrimonio Arquitectónico Galego (18/07/2018).

 

O prazo de información e matrícula será do 16 ao 20 de xullo.

 

A matrícula será formalizada nas Secretarías da Universidade Sénior:

  • A Coruña: Normal - Paseo de Ronda, 47, 1º - 981167000 ext. 4507
  • Ferrol: Edificio de Usos Administrativos. Campus de Esteiro - 981337400 ext. 3631

 

HORARIO DE 9:00 A 14:30