Internacionalización da Universidade Sénior

 

A implicación da Universidade Sénior no desenvolvemento e na execución de proxectos europeos comenza no curso 2003-2004, e se mantén de xeito ininterrumpido ata o actual 2017-2018. Ao longo destes anos, os proxectos educativos europeos nos que ten participado a Universidade Sénior foron de xeito maioritario as denominadas Asociacións de Aprendizaxe: Proxectos Europeos

  • Proyectos en el Programa Sócrates
    • 2003-2006: European Senior Citizens' Storyboard
  • Proyectos en el Programa para el Aprendizaje Permanente - Lifelong Learning Programme (LLP)
    • 2006-2009: Routes Towards Europe
    • 2009-2011: Our Continent - Our Culture
    • 2011-2013: More than Neighbours
  • Proyectos en el Programa Erasmus+
    • 2014-2016: ProHospiz Strategic Partnership KA 204
    • 2017-2019: TIC Tac +55 - Técnicas de Aprendizaje Combinada en la enseñanza de las TIC para personas mayores de 55 años. KA 104

A raiz da participación nestas Asociacións de Aprendizaxe Grundtvig, a Universidade Sénior ten ido tecendo unha rede de contactos que derivou no establecemento de relacións bilaterais con algúns das institucións que teñen participado como socios en ditos proxectos, ainda que xa sen a financiación da UE: Convenios Bilaterais

A Universidade Sénior é membro de varias Asociacións e Redes Internacionais.

Os diferentes proxectos e iniciativas educativas de dimensión internacional na Universidade Sénior insértanse no curriculum do Programa a través dos Talleres Europeos

 

Premios e recoñecementos:

As actividades de Internacionalización da Universidade Sénior da Universidade da Coruña foron premiadas polo Ministerio de Educación e Ciencia cunha Mención Honorífica na convocatoria dos Premios Miguel Hernández 2011 que apoian e difunden boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida en España. Estes premios están orientados a recoñecer a importancia da eliminación das desigualdades ante a educación e a supresión das discriminación, premiando a labor realizada por institucións públicas e privadas sen ánimo de lucro distinguidas pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que se pode xerar polo progreso científico e tecnolóxico.

A concesión da mención honorífica recoñece a promoción da dimensión europea na Universidade Sénior da Coruña en diferentes proxectos de educación de adultos con dimensión europea dentro do Programa de Aprendizaje Permanente – Lifelong Learning Programme da Unión Europea, co obxectivo da potenciación dunha cidadanía activa europea entre os alumnos e alumnas sénior da Universidade da Coruña.

Estas actividades de dimensión europea da Universidade Sénior da Coruña foron tamén recoñecidas como Boa Práctica na Prevención da Dependencia e Promoción do Envellecemento Activo, coa súa inclusión na Banco de Boas Prácticas da Xunta de Galicia. Este Banco é un catálogo on-line de boas prácticas que identifica e difunde experiencias innovadoras en materia de prevención da dependencia e o envellecemento activo.

Recoñecemento dos Talleres Europeos da Universidade Sénior da UDC como "Buenas prácticas en los Programas Universitarios para Mayores en España" da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Maiores (AEPUM), en Xaneiro de 2016.

Recoñecemento como 2ª Mellor iniciativa singular a nivel estatal en enseñanza de TIC e inclusion no Catalógo Europeo ACTing de Buenas Prácticas, da iniciativa "Speakspeare!" do Taller Europeo da Universidade Sénior da Coruña. En 2015.