Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_CostadaMorte_2018_opt (c) cartaz_CostadaMorte_2018_opt

En colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) "Costa da Morte", o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de abril e maio a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, este proxecto formativo está dividido en tres seminarios que constarán de dúas sesións teóricas e unha sesión práctica ou saída de campo:

Seminario de “Arte e Patrimonio: Percepción e Idea”, a cargo do Prof. Fernando Agrasar Quiroga (Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC):
  • 4 e 11 de abril de 2018, de 17 a 19 horas. Sesións Teóricas.
  • 12 de abril de 2018, de 10:30 a 13:30 h. Saída de campo ao Museo Man de Camelle (Camariñas).
Seminario de “Hábitos de vida saudables. Nutrición e Actividade Física”, a cargo do Prof. Fernando Cordido Carballido (Facultade de Ciencias da Saúde da UDC) e da Prof. Isabel Raposo Vidal (Facultade de Fisioterapia da UDC):
  • 25 de abril e 2 de maio de 2018, de 17 a 19 horas. Sesións Teóricas.
  • 3 de maio de 2018, de 17 a 19 horas. Sesión práctica: Programa de exercicio e actividade física.
Seminario de “Biodiversidade e cambio global en Galicia”, a cargo do Prof. Jaime Fagúndez Díaz e do Prof. Sergio Rodríguez Roiloa (Facultade de Ciencias da UDC):
  • 16 e 23 de maio de 2018, de 17 a 19 horas. Sesións Teóricas.
  • 24 de maio de 2018, de 16:30 a 19:30 horas. Saída de campo. Soneira ao natural. Ecosistemas e lugares singulares.

As sesións teóricas serán desenvolvidas no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte