Aloxamento

Convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias e axudas de aloxamento

 

Convocatoria de prazas para o estudantado da UDC nas residencias públicas universitarias dos Campus de Ferrol e da Coruña. 

Regulamento de réxime interno das Residencias Públicas Universitarias da UDC

Convocatoria para o Curso 2019/2020

Plataforma para solicitudes

O alumnado de 1º curso por primeira vez na UDC, debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formulario. Deberán presentalo coa documentación requirida na convocatoria en:

a) A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);
b) Ferrol: no SAPE, Edificio Apoio ao Estudo (campus de Esteiro);
c) ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, o baremo de selección e o prazo de presentación de solicitudes que rematará ás 14:00 horas do día 19 de xullo de 2019.

 

Residencia Pública Universitaria de Ferrol

Calle Sánchez Barcaiztegui, 28

15401 Ferrol

Tel.: 981 337 400 ext.: 3696

Residencia Pública Univ. de A Coruña "Elvira Bao"

Plaza Museo Nacional de Ciencia, 3

15011 A Coruña

Tel.: 881 024 003


XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS RESIDENCIAS PÚBLICAS UNIVERSITARIAS DA UDC

O sábado 6 de xullo de 10:00 h a 14:00 h.

Ás persoas interesadas enviarán un correo electrónico aos seguintes enderezos:

A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.gal

Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.gal 

 

Convocatoria para o Curso 2018/2019 (Pechada)


 

Solicitude de prazas vacantes nas residencias públicas universitarias, logo da resolución reitoral da convocatoria de adxudicación de prazas.

Logo da asignación de prazas pola devandita convocatoria poden solicitar as prazas vacantes das residencias públicas universitarias.

Só se poden solicitar prazas vacantes na residencia para estancias temporais ate o 4 de agosto de 2019.

O procedemento, condiciones e requisitos dos solicitantes establécense na instrución do 1/2018-2019, que poden atopar, xunto coa instrución na que se establecen os prezos para o curso 2018/2019, nas seguinte ligazóns:

O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o primeiro día hábil do mes de setembro até o último día hábil do mes de xuño do ano académico en curso.

Para presentar a súa solicitude debe encher o seguinte formulario: FORMULARIO DE SOLICITUDE PRAZAS VACANTES

 


Axudas de carácter xeral do Plan Propio da Universidade da Coruña destinadas ao aloxamento dos estudantes.

Convocatoria para o curso 2018/2019 (resolta)

Convocatoria para o curso 2017/2018 (resolta)


Información adicional:

Outras residencias