Aviso legal

A Universidade da Coruña con CIF Q-6550005-J e con domicilio na Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña, (A Coruña), encóntrase inscrita no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

(En diante UDC)

Os contidos, organización e elección de ligazóns das páxinas da udc.es e udc.gal poden ser utilizados en parte ou na súa integridade sen necesidade de citar fontes.

Este portal está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 7.0, Mozilla 2.0 e Chrome 3.0 ou versións superiores. A resolución mínima recomendada é de 1024x768.

1. Dereitos e obrigacións do usuario

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no sitio web atribúe, desde o seu comezo, a condición de Usuario e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas condicións xerais. Para o acceso aos servizos deste sitio web, en todo o que non teña carácter gratuíto ou impoña unha serie de obrigacións, o Usuario debe ser maior de idade e dispor da capacidade legal e representación necesaria para obrigarse xuridicamente.

O Usuario que accede ao sitio web debe cumprir estas Condicións xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza. Así, o Usuario non poderá efectuar modificación nin alteración algunha dos contidos do sitio web, fóra dos datos que o propio Usuario introducise, nin prexudicará de ningunha forma a súa integridade ou funcionamento.

2. Responsabilidade da UDC

A UDC resérvase o dereito a realizar modificacións no sitio web, así como nestas condicións xerais. Doutra banda, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos Usuarios, a UDC non pode asumir responsabilidade:

  1. Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos nela ou naqueles sitios web aos que o Usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no sitio web.
  2. Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos fornecidos.

No sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo Usuario medio, polo que a UDC non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte da UDC no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes Condicións xerais.

A UDC non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.

3. Responsabilidade do usuario do sitio web

O Usuario comprométese a:

  • Facer un uso adecuado e lícito do sitio web así como dos contidos e servizos, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, as Condicións Xerais de Uso, a moral e bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública. Así como proverse de todos os medios e requirimentos técnicos que se precisen para acceder ao sitio web ou rede social.
  • Facilitar información veraz ao cumprimentar cos seus datos de carácter persoal os formularios e a mantelos actualizados en todo momento de forma que responda, en cada momento, á situación real do Usuario. O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a UDC ou a terceiros pola información que facilite.

4. Propiedade intelectual e industrial

O presente sitio web, así como os contidos, servizos e elementos que integran o mesmo son propiedade ou se atopan baixo o control da UDC, estando protexidos sen ningún tipo de limitación, polas leis de propiedade intelectual e industrial españolas e Tratados e Convenios internacionais que resulten de aplicación.

En ningún caso se entenderá que se concede ningunha licenza ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito da UDC.

5. Protección de datos

En virtude do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), os datos persoais recollidos pola Universidade da Coruña serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade, sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001 da Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico secretariaxeral@udc.gal.

Os datos entregados á Universidade pola persoa intersada serán tratados para a finalidade específica para a que foran solicitados, lexitimándose ese tratamento nalgunha das bases previstas no artigo 6 do RXPD. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da LOPD.

Os datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumplir coa citada finalidade, e serán conservados atendendo aos prazos e criterios establecidos para cada caso concreto de acordo coa lexislación vixente. Os datos non serán transmitidos a terceiros a menos que exista consentimento previo da persoa interesada ou base legal para esa transmisión. 

En calquera caso, a persoa interesada terá dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Así mesmo, terá dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfiles.

Tales dereitos poderanse exercer dalgunha das seguintes formas:

  • destacadamente, a través do formulario para o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos persoais, que se pode cumprimentar nesta mesma Sede electrónica no apartado Outros trámites;
  • mediante solicitude ao responsable de tratamento dos datos (UDC, Secretaría Xeral), ao enderezo Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa Maestranza 9, 15001, A Coruña, ou ao correo electrónico rpd@udc.gal; tamén poderá presentarse a solicitude a través do rexistro telemático desta Sede ou nos rexistros presenciais da UDC.
  • mediante solicitude á/ao delegada/o de Protección de Datos, ao mesmo enderezo postal anteriormente indicado, ou ao correo electrónico dpd@udc.gal; tamén se poderá presentar a solicitude a través do rexistro telemático desta Sede ou nos rexistros presenciais da UDC.

Así mesmo, as persoas interesadas terán dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

6. Xurisdición

Todo litixio e controversia que xurda entre a UDC e un usuario sobre a interpretación ou a aplicación das presentes condicións, ou en xeral, en atención á utilización dos servizos regularase conforme á lexislación española.

7. Comunicacións

Para calquera comunicación que sexa precisa entre a UDC e o usuario, este dirixirase ao domicilio indicado ao comezo da páxina.