Datas de realización | Temática | Duración | Lugar | Prezo |
---|---|---|---|---|
3 de febreiro | Curso de primeiros auxilios aplicados ao voluntariado coa infancia | 10 horas | Coruña | 15 € non vol |
19 de febreiro | Voluntariado con persoas maiores e coa diversidade funcional | 8 horas | Ferrol | 15 € non vol |
23 e 24 de febreiro | Curso de formación básica en voluntariado | 16 horas | Coruña | 15 € non vol |
7 de marzo | Xornadas sobre persoas sen fogar. Rúas en feminino. Visibilizando ás mulleres | 7 horas | Coruña | Gratuitas |
23 e 24 de marzo | Curso de formación básica en voluntariado (ADIADO) | 16 horas | Ferrol | 15 € non vol |
7 de abril | Didáctica e práctica na acción voluntaria con menores en contexto intercultural | 4 horas | Ferrol | 10 € non vol |
9 de abril | Coeducación: Unha mirada dende os coidados | 80 horas | Online | Gratuito vol |
13 de abril | Curso sobre cultura xitana e muller | 3 horas | Coruña | Gratuíto |
28 e 29 abril | Curso de formación PCR: Introdución á cooperación e á educación para o desenvolvemento | 20 horas | Coruña | Gratuito para PCR |
Para levar a cabo os proxectos de voluntariado da OCV, é unha ferramenta fundamental a formación integral do voluntariado no tocante a temáticas vencelladas á educación para o desenvolvemento, a inmigración e a diversidade cultural, a exclusión social etc. Para elo realizamos:
- Formación básica: cursos de introdución ao voluntariado, onde se tratan aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes, a lexislación, a ética e a confidencialidade, o voluntariado en cooperación ao desenvolvemento, os ODS, etc.
- Formación específica. cursos monográficos sobre as diferentes áreas de voluntariado en que colaboramos. Algúns deles son: habilidades sociais, menores en risco de exclusión social, animación hospitalaria, diversidade funcional, inmigración e cooperación...
- Seguimento personalizado baseado no acompañamento formativo do voluntario ou voluntaria, por parte das persoas con máis experiencia.
A formación impártese habitualmente nos meses de outubro a abril, posto que o obxectivo é formar ao voluntariado que participa nos proxectos que se levan a cabo durante o curso académico.
A formación para o voluntariado é gratuita. Para o resto, indícase o prezo.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000