CLASES PREPARATORIAS PARA O EXAME DE NACIONALIDADE ESPAÑOLA

Dous días á semana (luns e mércores de 19 a 21 h), persoas que buscan obter a nacionalidade española recibirán formación específica para presentarse aos exames que lles permitan obter os Coñecementos Constitucionais e Socioculturais de España (CCSE). O CCSE é unha proba de exame elaborada polo Instituto Cervantes que avalía, por medio de distintas tarefas, o ceñecemento da Constitución e da realidade social e cultural españolas, un dos requisitos establecidos nas leis para a concesión da nacionalidade española para sefardíes orixinarios de España e para a adquisión da nacionalidade para residentes en España, segundo corresponda.

foto cartel clases nacionalidad