GRAO

Novos estudantes

Estudantado admitido para iniciar unha titulación de grao na UDC segundo as listaxes que se poden consultar a través do programa NERTA

Acceso á matrícula

1.º prazo: do 17 ao 19 de xullo de 2019
2.º prazo: do 23 ao 26 de xullo de 2019
3.º prazo: do 31 de xullo ao 2 de agosto de 2019
4.º prazo: do 21 ao 23 de agosto de 2019
5.º prazo: do 28 ao 30 de agosto de 2019
6.º prazo: do 4 ao 6 de setembro de 2019
7.º prazo: do 11 ao 13 de setembro de 2019
8.º prazo: do 4 ao 8 de outubro de 2019

Continuación de estudos

Acceso á matrícula
Prazo: do 1 ao 20 de agosto de 2019

Cambio de universidade e/ou estudo

Consultar condicións e prazos na administración do centro

MÁSTER

Novos estudantes

Estudantado admitido para iniciar unha titulación de máster na UDC.

Acceso á matricula para estudantes con usuario da UDC
Acceso á matrícula para estudantes sen usuario da UDC

Prazos: calendario de preinscrición e matrícula

Listaxes de admisión: consultar no centro onde se imparte

Continuación de estudos

Acceso á matrícula
Prazo: do 1 ao 20 de agosto de 2019

Solicitude de información sobre a matrícula

Nas administracións das facultades, escolas ou unidades de xestión académica integrada (UXAI) nas que se imparta a titulación.
Contacto das administracións dos centros

No Servizo de Organización Académica
Contacto

Procedemento

Logo de rematar o proceso de matrícula na secretaría virtual debe enviarse á administración da facultade, escola ou UXAI aquela documentación que se precise en cada caso, no prazo establecido (xustificantes de: familia numerosa, exención de taxas, discapacidade etc.). En caso contrario o alumnado decaerá nos seus dereitos.

En caso de participar nalgún programa de intercambio (Erasmus, Sicue etc.) debe verificar coa administración do centro correspondente que a matrícula efectuada se axusta ao contrato de estudos.

Os novos membros da UDC non deben olvidar, unha vez feita a matrícula, activar os servizos que permitirán ter acceso a un gran número de ferramentas telemáticas. O correo electrónico que se xera durante este proceso será o único medio de comunicación electrónico válido para as notificacións e informacións que remitirá a UDC.

Normativa de xestión académica

Pagamento

Prezo da matrícula:  decreto de prezos públicos do curso 2019/2020

Pagamento en efectivo
Poderá fraccionarse o pagamento da matrícula.
Neste caso pagarase o 1.º prazo nos dez días naturais seguintes ao día de efectuar a matrícula, nos prazos establecidos para esta; o 2.º prazo pagarase entre os días 2 ao 12 de decembro, ambos os dous incluídos; o 3.º prazo pagarase entre os días 3 ao 13 de febreiro, ambos os dous incluídos, e o cuarto entre os días 24 de marzo e 3 de abril, ambos os dous incluídos.
Pode realizar o pagamento co impreso do resgardo de matrícula en calquera das entidades bancarias indicadas, ou ben efectuar o pagamento con tarxeta bancaria directamente nunha entidade bancaria ou de forma online.

Domiciliación bancaria
A UDC emitirá un cargo contra a conta indicada. Neste caso non se poderá fraccionar o pagamento. Se o/a estudante non é o titular da conta bancaria, deberá entregar na administración da facultade, escola ou UXAI a autorización da domiciliación no prazo común dos dez días naturais seguintes ao día de efectuar a matrícula.

De non confirmarse o ingreso dos prezos públicos o/a estudante poderá decaer nos seus dereitos en base ao estipulado no artigo 10.3 da Normativa de xestión académica.