International Summer School

Do 22 de xullo ao 2 de agosto 2019

International Summer School (c) International Summer School

A International Summer School da Universidade da Coruña iniciou as súas actividades en 2014 e ten ofrecido desde entón unha ampla selección de cursos intensivos impartidos en inglés por profesorado internacional nun variado abano de temas que abarcaron dende o dereito e as ciencias empresariais ata a ciencia e a tecnoloxía. Ducias de profesores e centos de estudantes de máis de 40 países participaron nesta experiencia. Os cursos tiveron unha carga académica de 6 créditos ECTS, e foron recoñecidos pola Universidade da Coruña e ducias doutras universidades de todo o mundo como créditos para as súas propias titulacións.

Poden participar na ISS tanto o estudantado de grado, master ou doctorado como estudantado senior e profesionais.

MATRICULA ABERTA 

 

Síguenos en Twitter

Síguenos en Facebook

Actualidade