Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura (c) Logo IALA Galego

IALA é un grupo de investigación formado por profesores da Universidade da Coruña con intereses xerais relacionados coa historia e a teoría da arquitectura e, particularmente, coa relación entre modernidade e contemporaneidade no ámbito galego.

O acrónimo IALA fai referencia a Introdución á Arquitectura, materia de primeiro curso do Grao en Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, onde o grupo tivo a súa orixe como unha experiencia docente e investigadora compartida.

 

Actualidade