Docencia

Competencias trasversais dos títulos da UDC

Consello de Goberno maio 2017

  1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  2. Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
  5. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  6. Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
  7. Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
  8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  9. Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos