UDC Saudable da Universidade da Coruña

A UDC Saudable da Universidade da Coruña é un servizo dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. A súa función é a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de vida saudable na comunidade universitaria con proxección social: actividade física e deporte, actividade ocupacional - rutinas cotiás, lecer e tempo libre, alimentación saudable, benestar psico-social, sono e descanso, saúde sexual, accións contra o uso e abuso de alcol, tabaco, drogas e outras adiccións, inclusión saudable das persoas co diversidade, fraxilidade nas persoas (infancia, maiores, enfermidades), orientación pedagóxica, entre outros aspectos; en sintonía colaborativa transversal co desenvolvemento sostible na UDC.

Actualidade

Estudantes como axentes promotores de saúde

E

Os estudantes UDC promotores de saúde e o persoal bolseiro da UDC Saudable realizan ao longo do curso académico diversas actividades formativas, obradoiros e outras.

Contacto

Sergio Santos del Riego

Director UDC Saudable

Rúa Almirante Lángara, s/n
15011 A Coruña