URAP: University Ranking by Academic Performance

http://www.urapcenter.org/

O University Ranking by Academic Performance (URAP) estableceuse no Instituto de Informática da Universidade Técnica de Oriente Medio en 2009. O obxectivo principal da URAP é desenvolver un sistema de clasificación das universidades analizando a produción científica a través do número e calidade das publicacións. O ranking analiza 2500 institucións de educación superior de todo o mundo. Baséase en 6 indicadores de rendemento académico: Artigos, citas, nº total de documentos, impacto total artigos, impacto total citas e colaboración internacional.

Fontes de información

InCites

Data de publicación

26 de outubro de 2018

Edición

2018-19

Resultados

A UDC ocupa a posición 34 das 60 universidades españolas avaliadas (públicas e privadas) e a 854 a nivel mundial. Prodúcese unha subida respecto da edición anterior, 2 postos a nivel nacional e 55 a nivel mundial. Actualmente a UDC atópase na categoría B, mellorando a categoría B da pasada edición.


Actualizado: decembro de 2018