U-Ranking

U-Ranking

O proxecto U-Ranking é unha iniciativa da Fundación BBVA, calcúlase un conxunto de indicadores sintéticos do sistema universitario español, tendo presentes os seguintes criterios: docencia, calidade investigadora e capacidade de desenvolver investigación aplicada ou producir patentes. Con esta información encárgase de clasificar 48 universidades públicas e 14 universidades privadas.

Fontes de información

Web of Science (WoS) e Axencia Nacional de Avaliación (ANEP).

Niveis máximos por ranking

 

Rendemento

Volume

Global

11

30

Docencia

8

28

Investigación

17

28

Innovación e desenvolvemento tecnolóxico

24

35

Resultados

Os resultados xerais de U-Ranking das Universidades Españolas preséntanse baixo dous formatos distintos: "U-Ranking Rendemento", que ordena as universidades segundo o seu rendemento corrixindo os efectos do seu tamaño para facelas comparables, e "U-Ranking Volume" que ordena as universidades combinando o volume total de resultados e o seu impacto. Ademais, considérase un ranking específico para: docencia, investigación e Innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Cabe sinalar que neste ranking varias universidades obteñen o mesmo índice e por tanto teñen a mesma posición no ranking. A continuación móstrase a evolución da UDC en rendemento e volume.

Uranking


Actualización: maio de 2019