THE: Times Higher Education World University Ranking

THE: Times Higher Education World University Ranking

O Times Higher Education World University Ranking publica un ranking das mellores universidades a nivel mundial que mide a calidade de cada universidade atendendo a 4 indicadores: ensino, investigación, transferencia de coñecemento e proxección internacional. O ranking avalía 1258 universidades de todo o mundo (38 españolas).

Fontes de información

Datos das propias universidades e Scopus.

Resultados

A UDC sitúase na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo (mantendo o mesmo posto que o ano anterior). O seu punto forte é a educación onde ocupa o posto 704, clasificándose no sexto decil. Dentro de España ocupa o posto 35 das 38 universidades estudadas. Por segundo ano consecutivo, a UDC figura no ranking de universidades novas ocupando o posto 201-250. 


Actualizado: setembro de 2018