THE: Times Higher Education Impact University Ranking

Páxina web

O Times Higher Education Impact University Ranking recoñece as universidades de todo o mundo polo seu impacto social e económico, baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (SDG) da Organización das Nacións Unidas. Na seguinte Figura poden verse os 17 SDG:

SDG_ONU


Nesta primeira edición teranse en conta os seguintes SDG: saúde e benestar, educación de calidade, igualdade de xénero, traballo decente e crecemento económico, industria innovación e infraestrutura, redución das desigualdades, cidades e comunidades sustentables, produción e consumo responsables, acción polo clima, paz, xustiza e institucións sólidas e alianzas para lograr os obxectivos. Cada SDG ten unha serie de métricas asociadas baseadas en investigación, administración de recursos e o impacto das universidades na sociedade.

Foron estudadas máis de 450 universidades, das cales 18 son españolas. Para poder participar no ranking hai que enviar un mínimo de 4 SDG, incluíndo sempre o SDG 17 como obrigatorio.

Fontes de información

Datos das propias universidades e Scopus

Data de publicación

3 de abril de 2019

Resultados

A Universidade da Coruña sitúase no posto 101-200 no ranking xeral de impacto. Este resultado baséase na puntuación obtida en Alianzas para lograr os obxectivos (SDG 17) e os 3 SDG con maior puntuación: Educación de calidade (SDG 4), Saúde e Benestar (SDG 3) e Acción polo clima (SDG 13).

Na seguinte táboa móstrase a posición obtida pola UDC en cada un dos SDG nos que participou:

Núm.

Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable

Posto

3

Saúde e benestar

101-200

4

Educación de calidade

92

9

Industria innovación e infraestruturas

101-200

12

Produción e consumo responsables 

80

13

Acción polo clima

57

17

Alianzas para lograr os obxectivos

201-300

 

Actualizado: abril de 2019