Ranking Web de Repositorios

Ranking Web de Repositorios

O ranking Web de Repositorios do Mundo pertence ao CSIC. O obxectivo é promover as iniciativas open access. Os indicadores web utilizados neste ranking miden a visibilidade (presencia web) e impacto web dos repositorios científicos. A listaxe de repositorios obtense dos principais motores de procura. Avalíanse máis de 2284 universidades de todo o mundo.

Fontes de información

Google, Google Scholar, MajesticSEO e Ahrefs.

Resultados

A UDC ocupa o posto 18 das 67 universidades españolas estudadas. En Europa ocupa o posto 120 de 900, mentres que a nivel mundial sitúase na posición 272 das 2284 universidades estudadas.


Actualizado: febreiro 2017