Leiden Ranking

Leiden Ranking

O Centro da Universidade de Leiden para Estudos Científicos e Tecnolóxicos (CWTS) desenvolveu unha clasificación baseada exclusivamente en indicadores bibliométricos. O ranking de Leiden clasifica 928 universidades de todo o mundo atendendo a varios indicadores, entre eles: publicacións, indicadores de impacto científico e indicadores de colaboración.

Fontes de información

Web of Science (WoS).

Resultados

A UDC sitúase este ano no posto 883 do mundo. Das 48 universidades do SUE só 34 entran neste ranking, sendo a UDC unha delas.


Actualizado: maio de 2018