Observatorio IUNE

Observatorio IUNE

O Observatorio IUNE está constituído por un grupo de investigadores pertencentes ás universidades que integran a Alianza 4U. O seu obxectivo é caracterizar a actividade científica das universidades a partir dunha ampla batería de indicadores.

Fontes de información

INE, SIIU, CNEAI, Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), Web of Science (WoS), Rede OTRI, INVENES e CDTI.

  Posición en SUE
Pub. nas 3 primeiras revistas de cada unha das áreas científicas 20
1 en % (*)
Patentes nacionais 19
Proxectos plan nacional 19
Licenzas por 100 profesores (Ed. 2017) 18
Spin-off por 100 profesores (Ed. 2017) 10
Prestación de servizos por 100 profesores (Ed. 2017) 19

Táboa 1 Posición da UDC na edición 2018 dun total de 49 universidades españolas. Inclúense tamén 3 indicadores da edición anterior que aínda non foron actualizados.
(*) Proporción sobre o total das publicacións de cada universidade.

Resultados

Tendo en conta o tamaño da universidade, a UDC ocupa o 1.ª posto en proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica sobre o total das publicacións de cada universidade. Sitúase ademais no posto 19 en patentes nacionais e proxectos do plan nacional.


Actualizado: 16 de xullo de 2018