Ranking El Mundo

Ranking El Mundo

El Mundo ofrece unha guía que recolle as 50 titulacións máis solicitadas polos alumnos e os centros académicos mellor valorados para cursalas. A clasificación é froito dunha análise de 25 criterios de selección, a opinión de máis de 2000 profesores ademais doutros indicadores.

Fontes de información

Cuestionario a profesores, datos das propias universidades, informes da ANECA e resultados de informes de universidades españolas.

Resultados

Neste estudo, a UDC sitúase no posto 18 das 79 universidades españolas estudadas, o que a sitúa dentro do primeiro terzo. Máis concretamente, ocupa o posto 15 entre as 48 universidades públicas avaliadas.

ElMundoSUE_g


Posición das titulacións da UDC no “Ranking das 50 titulacións máis demandadas”:

Titulación Posición
Fisioterapia 1
Terapia ocupacional 2
Edificación 4
Enxeñaría civil 4

 

ElMundo_Grados_g


Actualizado: maio de 2019