Dyntra

Dyntra

Dyntra é unha plataforma colaborativa que estuda a transparencia á hora da publicación de datos nas webs das distintas organizacións que se estudan xa sexan concellos, partidos políticos, organizacións sindicais, universidades etc. Para iso créanse uns índices específicos para cada tipo de organización.

No caso das universidades, o estudo consta de 132 indicadores divididos en 5 grandes áreas: transparencia institucional, comunicación pública, participación e colaboración cidadá, transparencia económico-financeira e contratacións de servizos.

Fontes de información

As propias universidades.

Resultados

A UDC ocupa a posición 6 das 50 universidades públicas avaliadas a nivel nacional. Mantén esta posición cando se inclúe as privadas, ocupando o posto 6 dun total de 79 universidades.

dyntra


Actualizado: maio de 2019