Webometrics: Ranking Web de Universidades

Webometrics: Ranking Web de Universidades

O CSIC publica desde 2004, cada seis meses, un ranking académico sobre as institucións de educación superior de todo o mundo tendo en conta a súa presenza e impacto na Web. O obxectivo é apoiar as iniciativas open access, así como promover o acceso electrónico ás publicacións científicas e a todos aqueles materiais de tipo académico. Na actualidade o ranking inclúe máis de 11000 universidades.

Fontes de información

Google, Google Académico, Yahoo, Yahoo Site Explorer, Yahoo Search, Bing e Scimago IR.

Edición

1.ª de 2020

Data de publicación

29 de xaneiro de 2020

Resultados

A UDC colócase na posición 35 en España, das máis de 250 institucións consideradas, na posición 344 de Europa das máis de 4000 institucións avaliadas, e na 840 a nivel mundial das máis de 11000 institucións estudadas. Isto sitúa a UDC entre o 7% das universidades con maior rendemento web do mundo, entre o 7% en Europa e entre o 14% en España.

 

Webomet_UDC_2019


Actualizado: xaneiro de 2020