GreenMetric

GreenMetric

O GreenMetric World University Ranking é unha iniciativa da Universidade de Indonesia que se realizou por primeira vez en 2010. O obxectivo deste ranking é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo. Actualmente avalíanse máis de 700 universidades de todo o mundo.

Fontes de información

Datos das propias universidades.

Data de publicación

19 de decembro de 2018

Resultados

A UDC ocupa a posición 7 das 28 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 93 das 719 universidades. Estes datos sitúana entre o 13% das mellores universidades a nivel mundial e o 24% a nivel nacional.


Actualizado: decembro 2018