Ranking CyD

Ranking CyD

O ranking CyD está asociado ao U-Multirank. Propón un enfoque multidimensional e orientado para o estudo de institucións de educación superior. Os seus indicadores cobren 5 dimensións: ensino e aprendizaxe, investigación, transferencia de coñecemento, orientación internacional e contribución ao desenvolvemento rexional.

A edición do Ranking CyD do ano 2018 inclúe 73 universidades. O Ranking CyD ofrece, como o U-Multirank, un ranking das institucións no seu conxunto e rankings en ámbitos de coñecemento: 3 ámbitos relativos ao 2016 (matemáticas, química e bioloxía), 7 no 2017 (empresariais, informática, enxeñaría mecánica, enxeñaría civil, enxeñaría eléctrica, enxeñaría industrial e económicas) e 4 en 2018 (psicoloxía, educación, enfermaría e socioloxía).

Fontes de información

Web of Science (WoS), Oficina de Patentes Europea (PATSTAT), SIIU e as propias universidades.

Resultados

A continuación descríbese a situación da UDC no ranking CyD institucional e os rankings por ámbitos.

Ranking institucional (2018):
  • Grupo de alto rendemento:
    A UDC destaca en publicacións interdisciplinares, titulacións en idioma estranxeiro (MÁSTER), prácticas en empresas da rexión e ingresos rexionais.
  • Grupo de rendemento medio:
    Taxa de gradación (GRAO e MÁSTER), Taxa de gradación normativa (GRAO), fondos externos de investigación (liquidados e captados), publicacións por profesor, impacto normalizado das publicacións, post-doutoramentos, fondos privados, publicacións con empresas, patentes concedidas, ingresos por licenzas, spin-offs, titulacións en idioma estranxeiro (MÁSTER) e mobilidade dos estudantes.
Ranking por ámbitos
  • Psicoloxía (2018):
    Psicoloxía (2018): A UDC está no grupo de alto rendemento en cualificación do profesorado, fondos externos de investigación (liquidados e captados), impacto normalizado das publicacións, publicacións altamente citadas, publicacións interdisciplinarias, teses doutorais internacionais, publicacións internacionais e fondos de investigación internacionais.
  • Educación (2018):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en estudantes por profesor (GRAO), cualificación do profesorado, prácticas en empresa, estudantes internacionais (MÁSTER) e fondos de investigación rexionais.
  • Enfermaría (2018):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en estudantes por profesor (GRAO), taxa de gradación (GRAO), taxa de abandono (GRAO), estudantes internacionais (MÁSTER) e fondos de investigación rexionais.
  • Socioloxía (2018):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en cualificación do profesorado, prácticas en empresa, fondos externos de investigación (captados), mobilidade de estudantes (GRAO e MÁSTER) e fondos de investigación rexionais.
  • Empresariais (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en cualificación do profesorado e prácticas en empresas da rexión.
  • Informática (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en taxa de estudantes por profesor, cualificación do profesorado, prácticas en empresas, taxa de abandono, fondos externos de investigación (liquidados), publicacións interdisciplinares, ingresos por licenzas e publicacións con empresas.
  • Enxeñaría Mecánica (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en taxa de estudante por profesor, cualificación do profesorado, teses doutorais, tramos vivos e fondos de investigación rexionais.
  • Enxeñaría Civil (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en taxa de estudante por profesor, taxa de abandono e nota media de novos.
  • Enxeñaría Eléctrica (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en taxa de estudante por profesor e fondos externos de investigación (cap) e fondos rexionais de investigación.
  • Enxeñaría Industrial (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en taxa de gradación normativa.
  • Económicas (2017):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en fondos externos de investigación (liq e cap), fondos privados, materias en idioma estranxeiro (Gr), fondos de investigación rexionais, prácticas en empresas da rexión e fondos de investigación rexionais.
  • Matemáticas (2016):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en estudantes por profesor, cualificación do profesorado, fondos externos de investigación (captados), teses doutorais, publicacións por profesor, publicacións interdisciplinares, post-doutoramentos, fondos privados e prácticas en empresas da rexión.
  • Química (2016):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en publicacións interdisciplinares, mobilidade de estudantes (GRAO) e prácticas en empresas da rexión.
  • Bioloxía (2016):
    A UDC está no grupo de alto rendemento en fondos externos de investigación (captados), publicacións interdisciplinarias, mobilidade de estudantes (GRAO) e prácticas en empresas da rexión.


Actualizado: maio de 2018