• THE WORLD
    Posto 801-1000 no ranking mundial
    e 23 nacional
  • CWUR
    Sitúase entre o 5%
    das mellores universidades do mundo
  • WEBOMETRICS
    Entre o 7% a nivel mundial
    e o 14% a nivel nacional
  • ARWU
    Posto 201-300
    para a titulación de Enxeñaría Civil
  • THE TEACHING
    Posto 151-200
    no ranking europeo de educación

A UDC nos rankings universitarios

Os rankings universitarios estanse impoñendo como unha nova ferramenta de avaliación da actividade académica e investigadora de gran atractivo mediático e influente a nivel social. Debe terse en conta que os rankings poden adoptar un enfoque baseado no volume de resultados, nese caso o tamaño é importante, ou ben un enfoque que se centra na produtividade. Así mesmo cada ranking utiliza criterios e persegue obxectivos diferentes.

A Universidade da Coruña (UDC), por tamaño, ocupa o lugar 25 de entre as 48 universidades españolas públicas presenciais (IUNE, 2018). É unha universidade nova, cuxos estatutos foron publicados en 1992.

Neste informe preséntanse os resultados da UDC nos distintos rankings, tanto internacionais como nacionais.

Rankings internacionais

Só 28 universidades españolas conseguen entrar este ano no ranking e a UDC é unha delas, ocupando o posto 801-1000.  Ler máis...

A UDC sitúase na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo e o posto 23 a nivel nacional. Ler máis...

A UDC entra por primeira vez neste ranking con 9 áreas, obtendo a súa máxima puntuación en Informática e Educación. Ler máis...

Por segundo ano consecutivo a UDC figura neste ranking de educación, ocupando nesta edición o posto 151-200. Ler máis...

A UDC colócase na posición 101-200 das máis de 450 universidades avaliadas no mundo. Posición 57 en Acción polo clima. Ler máis...

Por terceiro ano consecutivo a UDC figura neste ranking de universidades novas, ocupando nesta edición o posto 201-250. Ler máis...

Por terceiro ano consecutivo, a UDC sitúa a titulación de Enxeñaría Civil entre as 300 mellores titulacións desa área no mundo. Ler máis...

Neste ranking a UDC obtén dous indicadores no grupo de alto rendemento: prácticas na rexión e ingresos rexionais.  Ler máis...

Entran 34 universidades do SUE. A UDC destaca en proporción de artigos escritos por mulleres e proporción de publicacións coa empresa. Ler máis...

A UDC ocupa a posición 7 das 28 universidades españolas avaliadas. A nivel mundial ocupa a posición 93 das 719 universidades. Ler máis...

A UDC ocupa o posto 45 das 65 universidades españolas avaliadas e o 515 de entre as 3471 institucións de educación superior. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa a posición 34 a nivel nacional e o posto 854 a nivel mundial. Actualmente a UDC atópase na categoría B++. Ler máis...

A UDC na posición 36 en España das institucións de educación superior nacionais en rendemento web, 364 de Europa e 867 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC colócase na posición 18 en España, na posición 120 de Europa e na posición 272 a nivel mundial. Ler máis...

Neste ránking a UDC ocupa o posto 36 a nivel nacional e o posto 989 a nivel mundial, de entre as 20000 universidades avaliadas. Ler máis...

Neste ránking a Universidade da Coruña colócase na posición 29 en España mentres que a nivel mundial está no posto 962. Ler máis...

A UDC sitúase no posto 28 do total de institucións españolas avaliadas (mellorando 6 postos con respecto ao ano anterior). Ler máis...

Rankings nacionais

Ocupamos o 1.ª posto en proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica, e o 19 en patentes e proxectos do plan nacional. Ler máis...

Destacamos en publicacións interdisciplinares, spin-offs, titulacións en idioma estranxeiro (máster), prácticas en empresas da rexión... Ler máis...

A UDC ocupa o posto 18 das 79 universidades españolas estudadas, o 15 entre as universidades públicas. Ler máis...

A UDC sitúase no nivel 7 no ranking de rendemento. Por outro lado, ocupa o nivel 21 no ranking de volume . Ler máis...

A UDC colócase na posición 7 das 50 universidades públicas españolas avaliadas e mantén a posición cando se inclúen as privadas. Ler máis...