STEMbach na UDC

A Universidade da Coruña apoia esta nova opción formativa que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado pola investigación científica e tecnolóxica a través dunha metodoloxía que facilite a súa incorporación á universidade.

Neste senso, ofrece diversas actividades aliñadas coa finalidade deste novo bacharelato que busca a conexión directa co ensino universitario.

Codirección de proxectos STEMbach

Ofertamos unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades:

Oferta de proxectos STEMbach 2018-2020

Así mesmo, o profesorado da UDC está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación que sexan propostos.

Visitas á UDC no marco STEMbach

Ofrecemos visitas para que para que os estudantes podan coñecer de primeira man a investigación que se realiza nos diferentes ámbitos STEM da Universidade da Coruña.

Os centros de secundaria poden contactar coa coordinación STEMbach para organizar estas visitas ás facultades, escolas e centros de investigación vinculados co programa STEMbach.

Estas xornadas de portas abertas súmanse ás visitas xenéricas do programa Visita o teu Campus que inclúe visitas xenéricas, personalizadas ou aos centros tecnolóxicos.

Visitas a centros no marco STEMbach

Os investigadores da Universidade da Coruña están a disposición dos centros educativos para achegarse as súas instalacións e dar a coñecer a investigación que fan no ámbito das materias STEM.

Dita iniciativa compleméntase co programa A UDC visita os centros que ofrece charlas xenéricas, charlas informativas sobre as titulacións universitarias e charlas de divulgación científica.

Outras colaboracións

A Universidade da Coruña, así como o seu persoal, está aberto a outros formatos de colaboración máis directa cos centros STEMbach.

Os centros poderán poñerse en contacto coa coordinación STEMbach da UDC para propoñer talleres, seminarios ou calqueira outra actividade complementaria de formación.

Contacto

Calquera dúbida ou solicitude de asignación será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal