Oferta de proxectos STEMbach 2018-2020

A Universidade da Coruña oferta unha gran variedade de proxectos de investigación nos seus diferentes centros e facultades que permitirán aos alumnos do STEMbach experimentar cos diferentes métodos de investigación ou de análise favorecendo o seu pensamento crítico e creativo, así como o seu interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

A continuación expónese a oferta de proxectos de investigación da Universidade da Coruña para os estudantes da edición STEMbach do bienio          2018-2020, ordenados por escolas e facultades.

Os centros educativos que teñan interese nalgún destes proxectos poden xestionar a súa asignación a través do correo electrónico de contacto.

Así mesmo, o profesorado da Universidade da Coruña está a disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación non incluídos nesta listaxe. Unha vez realizada a proposta, desde a coordinación STEMbach da UDC intentaremos atopar ao profesorado adecuado para codirixir cada proxecto suxerido segundo a súa temática.

Calendario de solicitude de proxectos

Priorizarase na asignación de proxectos a aqueles centros educativos que teñan colaboración coa Universidade da Coruña, de xeito que o seu alumnado poderá escoller proxecto dentro da oferta da UDC durante os meses de febreiro e marzo.

Para todos os demais centros educativos, a Universidade da Coruña establece o seguinte calendario:

  • Do 14 ao 29 de marzo

A Universidade da Coruña fará pública a súa oferta de proxectos e a coordinación STEMbach resolverá as dúbidas que podan xurdir sobre eles aos alumnos ou coordinadores interesados.

  • Ata o 5 de abril

Os centros educativos contactarán coa coordinación STEMbach para solicitar os proxectos nos que estén interesados e a UDC realizará unha primeira asignación aos estudantes que será publicada antes do 12 de abril.

  • Durante todo o curso

Os centros educativos poderán contactar coa coordinación STEMbach da UDC para solicitar proxectos que non fosen asignados.

Contacto

Calquera dúbida ou solicitude de asignación será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal