Preguntas máis frecuentes

Se chego á ventá do rexistro ás 14:35 horas ¿podo entregar un escrito para rexistrar?

Non, o horario de atención ao público do rexistro é de 8:30 a 14:30 h. A aplicación informática recolle a hora e minuto na que se rexistra un escrito.

 

¿Teño que compulsar os documentos que entrego no rexistro?

Se a convocatoria o indica, si. Se a convocatoria non sinala que as copias teñen que ser compulsadas, non.

 

Necesito varias copias compulsadas do meu título de graduado ¿pódenmas compulsar no rexistro?

O rexistro compulsa unicamente aquela documentación que se entrega no mesmo rexistro.

 

¿Podo presentar no rexistro da UDC documentación dirixida a calquera administración?
Non, só a documentación dirixida a un órgano, servizo ou unidade administrativa da UDC.


¿Podo dirixir a través do rexistro documentación a calquera membro da comunidade universitaria?
Non, só a dirixida a órganos, servizos ou unidades administrativas.

 

NOTA: Para máis información pode consultarse o documento elaborado polo Ministerio de Facenda e Función Pública Leyes 39/2015 y 40/2015. Preguntas frecuentes. A súa consulta ten un carácter meramente informativo e non supón interpretación con efectos xurídicos.