Fondos documentais

O patrimonio documental da Universidade da Coruña, custodiado no CEDAR, estrutúrase en fondos documentais e coleccións.

Para consultar o catálogo dos fondos e coleccións prema aquí.

Fondos documentais

Fondo da Universidade da Coruña

Formado polos documentos xerados e recibidos polos órganos, centros, departamentos, servizos e unidades administrativas da Universidade da Coruña no exercicio das súas funcións. Volume: arredor de 1.450 metros lineares. Datas límite: 1990-en curso.

Fondo da Escola de Comercio

Contén documentos producidos e recibidos pola antiga Escola de Comercio da Coruña (1850-1972) e a súa sucesora a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Coruña (1972-1989). Volume: 23 metros lineares. Datas límite: 1850-1989.

Fondo da Escola de Náutica e Máquinas

Contén documentos producidos e recibidos pola antiga Escola de Náutica e Máquinas, cuxa orixe se remonta ao século XVI. Volume: 38 metros lineares. Datas límite: 1913-1989.

Fondo do Colexio Universitario da Coruña

Contén documentos producidos e recibidos pola antiga Colexio Universitario da Coruña. Volume: 11 metros lineares. Datas límite: 1972-1990.

Fondo Pedro López Gómez

Formado polos documentos persoais e de función de Pedro López Gómez, cuxa actividade profesional desenvolveuse dentro do mundo dos arquivos e da documentación, primeiro no campo da xestión e despois na docencia. Conta tamén coa súa biblioteca profesional. Volume: arredor de 43 metros lineares de documentos, 1.399 libros e 147 títulos de revistas. Datas límite: 1920-2011.

Outros fondos

Contén diversos fondos públicos e privados de pequeno tamaño. Volume: 1 metro linear. Entre eles destaca o Fondo Eugenio Ramón Martínez Martínez, personaxe influinte na bisbarra da costa luguesa a fins do século XIX e primeiras décadas do XX. Datas límite: 1888-1935.

Coleccións

Documentos textuais

• A Cultura e o ensino na Coruña
• Angel del Castillo
• Antecedentes históricos dos centros da Universidade da Coruña
• Coleccións de partituras musicais
• Universidade Popular da Coruña
• Documentos únicos

Documentos figurativos e audiovisuais

• Colección de carteis
• Coleccións fotográficas
• Colección de gravacións sonoras
• Colección de gravados e litografías
• Colección de mapas e planos
• Colección de cartóns postais
 

Estas coleccións están formadas por documentos reunidos pola Universidade da Coruña, cuxa temática está relacionada coa provincia da Coruña e o mundo da cultura, da educación e da investigación. Inclúen tamén os documentos referidos aos antecedentes dos centros máis antigos que na actualidade forman parte da Universidade da Coruña.