A Universidade da Coruña foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. 

Está estruturada territorialmente en campus da Coruña e campus de Ferrol.

Ler máis

Goberno

Son órganos da Universidade da Coruña os que a seguir se relacionan:

Colexiados: Consello Social, Consello de Goberno, Claustro, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos universitarios.

Unipersoais: reitor/a, vicerreitores/as, secretario/a xeral, xerente, decanos/as, vicedecanos/as e secretarios/as de facultades, directores/as, subdirectores/as e secretarios/as de escolas, directores/as e secretarios/as de departamentos e institutos universitarios.

Notas de prensa

Ver máis

CENTROS

As facultades e escolas universitarias organizan o ensino e todos os procesos necesarios para obter unha titulación

Ver máis

DEPARTAMENTOS

Ver máis

SERVIZOS

Ver máis

Cátedras e aulas institucionais

As cátedras institucionais, financiadas cunha dotación económica periódica achegada en concepto de patrocinio polas empresas, permiten desenvolver actividades non lucrativas específicas de formación, de divulgación, de transferencia de coñecemento e de investigación nos ámbitos de interese común para a empresa e a Universidade.

Outra modalidade de colaboración son as aulas institucionais, cunha menor achega económica, e que desenvolven actividades de formación e de divulgación e transferencia de coñecemento. A súa duración mínima é dun ano ou un curso académico.

Ver máis

O Campus Industrial conta con 6 centros nos que se imparten 11 graos, 7 másteres e 6 programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular: a naval e oceánica e a industrial

Ver máis