Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

cartaz_Betanzos_2018_opt (c) cartaz_Betanzos_2018_opt

En colaboración co Concello de Betanzos, o Vicerreitorado de Oferta Académica e Innovación Docente e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegará entre os meses de outubro e novembro a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos de Betanzos, este proxecto formativo está dividido en tres seminarios que constarán de dúas sesións teóricas e unha sesión práctica ou saída de campo:

“Arte e Patrimonio: Percepción e Idea”. 

Este seminario será impartido polo Profesor Fernando Agrasar Quiroga, Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (UDC) e estará composto de dúas sesións teóricas e unha saída de campo:

  • 17 e 24 de Outubro de 2018, de 17 a 19 horas. Duas Sesions Teóricas.
  • 29 de Outubro de 2018. Visita ao Mosterio de Monfero e Hospital de Cesuras
    .

“Hábitos de vida saudables. Nutrición e Actividade Física”

Este seminario será impartido polo Profesor Francisco Pita Gutierrez, da Escola Universitaria de Enfermería da Coruña, e pola Profesora Isabel Raposo Vidal, da Facultad de Fisioterapia, ambos da Universidade da Coruña (UDC), e estará composto por dúas sesións teóricas, e unha sesión práctica adicada a o desenvolvemento dun programa de exercizo e actividade física:

  • 31 de Outubro e 7 de Novembro de 2018, de 17 a 19 horas. Duas Sesións Teóricas.
  • 8 de Novembro de 2018, de 17 a 19 horas. Sesión práctica: Programa de exercicio e actividade física.

“Biodiversidade e cambio global en Galicia”

Este seminario será impartido polo Profesor Jaime Fagundez Díaz e o Profesor Sergio Rodríguez Roiloa da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC), e estará composto por dúas sesións teóricas, e unha saída de campo:

  • 14 e 21 de Novembro de 2018, de 17 a 19 horas. Sesións Teóricas.
  • 22 de Novembro de 2018 de 16:30 a 19:30 horas. Saída de campo. Fragas do Eume . Ecosistemas e lugares singulares.

As sesións teóricas terán lugar no Salón Azul do Edificio Liceo (Praza de Galicia, 1 – Betanzos, A Coruña) onde tamén terá lugar a sesión práctica do seminario de “Hábitos de vida saudables. Nutrición e Actividade Física”.

Lista de admitidos e admitidas no Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos (11 de Outubro de 2018)

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos