Xornada de Benvida á UDC

XORNADA DE BENVIDA AO ALUMNADO Á UDC 2019

Poster Xornada Benvida á UDC 2019

 

Día: 12 de setembro de 2019

LUGAR:

  • A Coruña: Estadio Universitario - Campus de Elviña
    • Horario:  12:00 h a 14:30 h e de 15:30 h a 18:00 h
  • Ferrol: Campus de Esteiro
    • Horario:  11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 19:00 h

Será unha Xornada na que se celebrarán diferentes actividades deportivas, culturais e medioambientais. Contaremos con postos informativos dos diferentes Servizos e Unidades da UDC.  

 As Asociacións Estudantís desenvolverán unha variada oferta de actividades participativas. 

 Contamos con vós!  Contade con nós!   


Ao final da Xornada, faremos un SORTEO DE AGASALLOS (tablets e suadoiros da UDC).

Para poder participar debes inscribirte e recoller a tarxeta de participación no posto do Servizo de Estudantes (ver condicións nas bases do sorteo de cada Campus).

Entregarémosche unha bolsa de tea da UDC cando entregues a tarxeta de participación e nos amoses que tes instalada a App UDC Móbil no teu teléfono (Android , IOS).

Publicaremos os programas das actividades nesta mesma páxina

Podes inscribirte ate o 11 de setembro de 2019