INTRODUCIÓN

A rede sen fíos da UDC proporciona á comunidade universitaria e aos visitantes doutras institucións, que estean asociadas ao proxecto eduroam, un servizo de conectividade a Internet baseado na mobilidade.

Este servizo está dispoñible na meirande parte dos edificios. Na sección de "Redes dispoñibles" pode atopar máis información.

A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable.  Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes.