Faq e problemas

A atención aos usuarios realízase mediante o seguinte enderezo de correo electrónico: udcwifi@udc.es e o Centro de Atención a Usuarios (CAU) do SIC na extensión 2222.

eduroam ES: http://foros.eduroam.es/topic/preguntas-frecuentemente-preguntadas-faq

Quero conectarme a eduroam, qué teño que facer?

Para poder conectarse a eduroam hai que ter unha conta no xestor de identidade corporativa da UDC. Neste portal pode comprobar os servizos que ten activos. No caso de que aínda non dispoña de conta neste xestor de identidade, ten que rexistrase nesta ligazón. Se non dispón de conta ou este servizo non o ten activo, non poderá conectarse nin a udcwifi nin a eduroam. O servizo está destinado a todo o persoal da UDC e ao alumnado matriculado no curso académico actual.

Teño que empregar os modos de configuración automática?

É a opción recomendada dado que é forma máis sinxela e segura de configurar a conexión á rede wifi eduroam, xa que só é necesario introducir o nome de usuario e contrasinal. Consiste nun ficheiro que se executa no dispositivo que contén a información parametrizada do modo de conexión. No caso de fallo, hai que empregar o modo de configuración manual.

Teño Windows 7/Vista, que teño que facer para configurar eduroam?

Debido a un problema de licenzas do software que se emprega para configurar eduroam, a UDC provee desde novembro de 2015 un novo modo de acceso compatible con estes sistemas operativos. Está disponible no cat.eduroam.org.

Por que se recomenda empregar eduroam en vez de udcportal?

A universidade recomenda o uso de eduroam, xa que ofrece unhas garantías de seguridade superiores así como unha velocidade de conexión maior.

Por que é tan complicado conectarse á rede sen fíos da universidade?

A rede sen fíos da universidade non é, nin pode ser, unha rede sen fíos como a que calquera pode ter na súa casa.
Na universidade, hase de dar un servizo á comunidade de forma que se aseguren todos os puntos seguintes.

  • Todos os usuarios que se conectan son membros da comunidade universitaria
  • Ningún usuario pode capturar e descodificar as comunicacións sen fíos que estea a realizar outro usuario
  • As conexións de todos os usuarios quedan rexistradas. Con iso pódense verificar problemas de conexión ou malos usos que ese usuario fixese da rede de datos
  • Para obter o acceso, pódese teclear a súa dirección de correo/contrasinal coa seguridade de que eses datos non van ser interceptados por outro usuario
  • Todos os usuarios da rede sen fíos da UDC poden conectarse a través das redes sen fíos doutras institucións Eduroam e, calquera usuario dunha institución Eduroam pode conectarse a través da rede sen fíos da UDC

A incorporación da rede sen fíos da UDC á iniciativa Eduroam tamén nos obriga a cumprir estes requisitos.

Finalmente, co uso dos modos de configuración automático, reducense de forma significativa o número de parámetros a configurar.