VPN SSL - INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN

Para poder iniciar a conexión VPN SSL é necesario instalar no seu equipo o software Pulse Secure Desktop Client.

 

INSTALACIÓN DE XEITO AUTOMÁTICO EN WINDOWS OU macOS

Desde un navegador web, ten que conectarse URL dependo do colectivo. As URL son:
a. De xeito xeral para toda a comunidade universitaria: https://vpn.udc.es
b. Alumnado da Facultad de Informática: https://vpn.udc.es/estudantes
c. Persoal do SIC: https://vpn.udc.es/sic
d. Proveedores da UDC: https://vpn.udc.es/proveedores
Unha vez autenticado hai que iniciar a conexión de Pulse. A primeira vez instalará devandito software.

 

A instalación automática depende de moitos factores como sistema operativo, navegador web e configuración de seguridade deste.

Está disponible nos seguintes entornos:

Sistema Operativo Navegador Mecanismo de instalación
Windows Internet Explorer ActiveX / Java
Windows Firefox, Chrome, Edge Pulse Secure Application Launcher (PSAL)
macOS Safari Pulse Secure Application Launcher (PSAL)

 


No caso de non cumplir estes requerimentos, ten que instalar de xeito manual o software Pulse Secure Desktop Client.

Notas:

- Pulse Secure Appliation Launcher (PSAL) é unha utilidade que emprega a funcionalidade de URL personalizadas e é unha alternativa para a instalación automática dos productos Pulse Secure en entornos Windows e macOS debido as restriccións dos navegadores no uso de NPAPI (tecnoloxía necesaria para o funcionamento dos applets de Java ou ActiveX).

- Chrome e Firefox en MacOS non son compatibles (unicamente Safari é compatible con MacOS), pero invocarase PSAL ao intentar empregar Chrome ou Firefox.

  

Guía de instalación de xeito automático

 

INSTALACIÓN DE XEITO MANUAL (WINDOWS, MAC OS X, LINUX E MÓBILES)

Pode descargar o software Pulse Secure Desktop Client:

  • Windows, MAC OS X e Linux: nesta ligazón.
  • iOS e Android: desde as tendas AppStore e GooglePlay.

Unha vez instalado o software Pulse Secure Desktop Cliente, ten que configurarse cos seguientes parámentros

  • Tipo: UAC ou VPN SSL
  • URL:
    • De xeito xeral para toda a comunidade universitaria: https://vpn.udc.es
    • Alumnado da Facultade de Informática: https://vpn.udc.es/estudantes
    • Persoal do SIC: https://vpn.udc.es/sic
    • Prooveedores da UDC: https://vpn.udc.es/proveedores
  • Autenticación: mediante contrasinal. Os membros da comunidade universitaria empregarán as credenciais corporativas. Os proveedores empregarán as credenciais as suministradas polos administradores do servizo VPN SSL.

Guía de configuración para Linux

 

INICIO DE CONEXIÓN CO SOFTWARE NETWORK CONNECT

Esta opción permite iniciar a conexión VPN SSL empregando o software antigo Network Connect. Recoméndase empregar Pulse Secure Desktop Client.

ACCESO AO CARTAFOL PERSOAL E COMPARTIDOS PARA USUARIOS DA UDC

Esta opción permite o acceso ao cartafol persoal e os compartidos, que están almacenados no servidor de ficheiros da Universidade.

Guía de configuración