VIDEOCONFERENCIA

O servizo de videoconferencia é un servizo multimedia que permite interconectar interlocutores mediante fluxos de voz e vídeo, modo que poidan comunicarse entre eles, así como compartir outros elementos como o escritorio dun ordenadoe, unha presentación, etc.

Algúns dos usos máis típicos deste servizo poden ser:

  • Reunións de traballo
  • Reunións departamentais (consellos, traballos,..)
  • Transmisión de seminarios e/ou congresos
  • Intervención remota de conferenciantes en congresos
  • Cursos de formación.

Os servizos centrais da Universidade da Coruña dispoñen das seguintes salas de videconferencia, a maiores das que poidan dispor os centros educativos:

No Campus de Elviña (multipunto):

  • Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Salón de Actos. Capacidade para 15 persoas
  • Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Sala de Xuntas. Capacidade para 50 persoas

Na Reitoría (multipunto):

  • Sala con capacidade para 20 persoas

No Campus de Esteiro (multipunto):

  • Edificio de Apoio ao Estudo. Capacidade para 60 persoas


Tamén se conta con equipos portátiles para a realización de videoconferencias ou retrasmisións de eventos en salóns de actos.

Para sesións de maís de catro participantes permite a reserva da sesión.

As reservas das diferentes salas realízanse nas conserxarías dos devanditos edificios. No caso de precisar soporte ou calquera outra consulta, realizarase mediante os formularios disponibles no portal https://axudatic.udc.gal