FAQ REDE DE DATOS (CON FÍOS)

Quen pode conectarse á rede de datos cableada da Universidade?

Poderán conectarse ao persoal docente e investigador, ao persoal de administración e servizos e as asociacións e delegacións de estudantes.

Como podo acceder á rede de datos desde o meu posto de traballo?

Son necesarios os seguintes elementos:

  • Unha toma libre activada
  • Unha tarxeta de rede
  • Un cable ou latiguillo UTP
  • Na mayoría dos casos, un enderezo IP.
Como comprobo se unha toma está activada?

Realizando unha consulta mediante correo electrónico na dirección: rede@udc.es

É posible que dúas tomas próximas estén en diferentes redes de área local (LAN)?

Si, é posible. Segundo o perfil de usuario e as súas necesidades de traballo, a roseta actívase na rede de área local (LAN) correspondente  e facilítaselle un enderezo IP que será válido en todas as tomas activas nesa LAN.

Como identificar a toma?

Toda toma posúe unha identificación (por exemplo D97A02). Para realizar unha solicitude ou abrir unha avaría referente á devandita toma, sempre hai que indícalo.

No meu despacho xa dispoño de toma, pero está sendo utilizada e non hai máis libres. Como se pode solucionar?

Hai que realizar unha consulta mediante correo electrónico na dirección: rede@udc.es onde lle indicará o procedemento a seguir.