Persoal eventual da Universidade da Coruña

O empregados públicos pódense clasificar nas seguintes categorías:

  1. Funcionarios de carreira.
  2. Funcionarios interinos.
  3. Persoal laboral, (indefinido ou temporal)
  4. Persoal eventual.

As características propias do persoal eventual aparecen recollidas nos artigos 29 e seguintes da Lei do emprego público de Galicia:

Na actualidade, na  Universidade da Coruña hai dous postos de persoal eventual de confianza:

  • Secretario do Consello Social
  • Xefa de prensa

As súas retribucións publícanse de forma actualizada nos orzamentos anuais, no apartado 5.2.


CV persoal eventual

Jesús A. Spósito Prado

Director técnico do Consello Social da Universidade da Coruña

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña (UDC) e Máster en Asesoramento Xurídico Empresarial, con mención especial en Dereito Medioambiental pola mesma universidade. Foi Profesor Interino da Área de Dereito Administrativo impartindo docencia en diversas titulacións de Licenciatura e colaborou co Departamento de Dereito Público Especial e o Grupo de Investigación Observatorio do Litoral desta Universidade en calidade de secretario e membro do Consello de Redacción da revista electrónica “Actualidad Jurídica Ambiental” e secretario-coordinador das “Jornadas Internacionales de Derecho Administrativo Iberoamericano DADI”.

Como director técnico do Consello Social tivo a oportunidade de participar no proceso de implantación de diversas iniciativas e proxectos de responsabilidade social universitaria e colaboración universidad-empresa promovidos pola Universidade da Coruña e o seu Consello Social, como a Cátedra INDITEX-UDC de Sustentabilidade e Innovación Social e os programas (i) “Espazo Compartido” para a formación universitaria de persoas con discapacidade cognitiva leve, patrocinado polo Banco Santander e Fundación Universia, (ii) “InMotion” de bolsas para estancias predoutorais, (iii) “InTalent” de captación e retención do talento investigador excelente (os dous últimos patrocinados por Inditex S. A.) e (iv) “Laboralia” de divulgación e formación en competencias profesionais, dirixido ao fomento da empregabilidade e á inserción laboral do alumnado da Universidade da Coruña.


María Ares Sanmartín

Xefa do Gabinete de Comunicación da Universidade da Coruña desde 2006.

Membro do Comité Executivo da Comisión de Comunicación da CRUE.
Presidenta da Rede de Gabinetes de Comunicación da CRUE.
Directora e organizadora de cursos e ciclos de conferencias de comunicación científica e conferenciante ocasional.

Formación:

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UDC.
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UDC.
Curso de Posgrao en Dirección de Comunicación pola UOC.
Curso de Community Manager da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario.
Curso de Posgrao en Xestión Cultural pola UOC.
Experiencia profesional anterior:
Periodista no Diario de Ferrol, La Voz de Galicia e Radio Fene.
Redactora en revistas corporativas e páxinas web.
Presidenta do Club de Prensa de Ferrol.
Directora da revista de pensamento contemporáneo Ferrol Análisis.
Directora fundadora da revista do libro galego Eidos do libro.
Profesora voluntaria de español para estranxeiros na ONG Ecos do Sur.