Investigadores visitantes

Investigadores visitantes

O programa de Investigadores Visitantes da UDC está dirixido a investigadores internacionais interesados en realizar unha estadía de investigación na UDC. Os investigadores visitantes internacionais poden ser tanto investigadores visitantes sénior ou investigadores visitantes predoutoral ou postdoutoral. Máis información

Escola de Doutoramento

Escola de Doutoramento

Creada en 2013, a Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC) organiza, xestiona e fai a supervisión e seguimento dos programas de doutoramento que ofrece a Universidade da Coruña. Cada estudante de doutoramento ten que estar rexistrado e matriculado na Escola de Doutoramento. Máis información

Parque Tecnolóxico

Parque tecnolóxico

A Universidade da Coruña contribúe ao progreso e á innovación coa posta en marcha dun parque tecnolóxico. Este parque tecnolóxico está formado por un complexo conxunto de centros de investigación cuxo obxectivo final é aumentar os vínculos coa industria e a comunidade e fomentar así o I+D+i. Máis información

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) é o interface entre os investigadores da UDC e a industria. Esta unidade presta o seu apoio aos grupos de investigación para atopar acordos coas industrias. Tamén é responsable das empresas de base tecnolóxica creadas a partir dos resultados da investigación na UDC. Máis información

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

É a unidade responsable da infraestructura e dos programas de investigación na UDC. Apoia a investigación, a transferencia tecnolóxica e a innovación dentro da comunidade universitaria. Esta vicerreitoría proporcionalles instalacións aos investigadores, fomenta un entorno de investigación sostible, comunica os resultados e o impacto das investigacións na UDC, e avalía os resultados de investigación e transferencia. Máis información

Catálogo de investigación

Catálogo de investigación da UDC

Directorio de grupos, unidades e investigadores individuais por centros, por departamentos e institutos. Máis información

Cultura e deporte na UDC

Cultura e deporte na UDC

A UDC ten considerado sempre que a cultura e o deporte son obxectivos prioritarios e, como tales, desempeñan un importante papel na estratexia universitaria. CulturaDeporte

Cooperación e Voluntariado

Cooperación e voluntariado

A Oficina de Cooperación e Voluntariado traballa con diferentes ONG e desenvolve os seus propios programas de cooperación e voluntariado. Máis información