Estudantes visitantes

A Universidade da Coruña posúe unha ampla experiencia na organización de programas de estudios para estudantes visitantes. Cada ano recibimos máis de 500 estudantes que pasan un ano ou semestre na nosa institución.

O programa para estudantes visitantes está dirixido a estudantes internacionais de grao/mestrado que queiran realizar unha estadía de estudos na Universidade da Coruña.

O programa de estudantes visitantes é un paquete que inclúe:

  1. Matrícula para 60 créditos europeos (30 para estudantes que cursan un único semestre)
  2. Cursos opcionais de español

Os estudantes visitantes comparten os cursos cos estudantes da UDC e poden matricularse nas materias ofertadas en calquera Facultade ou Escola. Cada estudante visitante está asignado a unha das Facultades ou Escolas da Universidade da Coruña onde seguirá a maioría dos seus cursos, pero poderá tomar cursos noutras Facultades ou Escolas: a UDC oferta cursos tanto en español como en inglés.

Os coordinadores departamentais de relacións internacionais de cada Facultade ou Escola ofrecerán ao estudante visitante axuda e orientación en materia académica.

A Universidad de A Coruña cree firmemente no valor do programa de estudos no estranxeiro durante un ano completo, por conseguinte recomenda altamente está opción fronte á dun único semestre. Aínda que a idea dun ano completo no estranxeiro pode ser desalentadora, estamos seguros de que unha experiencia máis intensiva xustifica a súa decisión de cumprir o que é, sen dúbida, un importante compromiso.

Os estudantes visitantes deben ter suficiente coñecemento de español ou inglés para poder seguir as clases. Recoméndase ter polo menos un nivel B1 do MCERL de español ou inglés. No que se refire ao español, a Universidade da Coruña é consciente da dificultade que implican os estudos nunha lingua estranxeira, polo que oferta cursos opcionais de español para estudantes visitantes. Para máis información os estudantes poden contactar co Centro de Linguas.

Enlaces relacionados: