PRÁCTICAS INTERNACIONAIS

Os estudantes da UDC poden realizar un período de prácticas en institucións de países non incluídos no Programa Erasmus + durante un período de entre 2 e 12 meses.

O estudante ten que estar matriculado na UDC en estudos conducentes a unha titulación oficial (Grado, Mestrado ou Doutoramento) durante todo o período de prácticas.
O estudante non pode ter realizado unha práctica internacional previa na mesma titulación.

As prácticas poden realizarse en calquera institución de ensinanza superior, pública ou privada, organizacións sen ánimo de lucro, ou empresas públicas ou privadas.

As prácticas deberían ter recoñecemento académico; o dito recoñecemento incluírase no Acordo Formación aprobado por todas as partes antes do comezo das prácticas. Se as prácticas non forman parte do curriculum académico do estudante, poden incluírse no Suplemento ao Diploma.

Para conseguir o recoñecemento, o estudante debe presentar na ORI da UDC un informe final de avaliación emitido pola institución de destino ao final da mobilidade.

O estudante non percibirá cantidade algunha en diñeiro ou compensación en especie por parte da Universidade da Coruña en concepto de salario, compensación, beca ou retribución de calquera outro tipo a cambio das actividades desenvolvidas durante o período de prácticas.
O estudante comprométese a:

  • Solicitar as prácticas na ORI de la UDC, seguindo o procedemento de aplicación
  • Contratar un seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil válido no país de destino pola totalidade do período de prácticas
  • Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 6 do regulamento da UDC sobre mobilidade internacional de estudante

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

O estudante debe enviar á Oficina de Relacións Internacionais ben por correo electrónico (outgoing.rrii@udc.es), ben en papel a seguinte documentación:

  • Acordo de formación (español / inglés) debidamente cuberto e asinado por:
    • A institución de destino confirmando a súa aceptación
    • O Coordinador Departamental da súa Facultade/Escola na UDC confirmando o recoñecemento académico en caso de informe positivo do traballo desenvolvido polo estudante
    • O estudante aceptando todos os termos do Acordo de Formación
  • Copia do pasaporte ou DNI
  • Copia de matrícula na UDC
  • Certificado do nivel de idioma de instrución na institución de destino (mínimo B1)

ANTES DO COMEZO DAS PRÁCTICAS

O estudante debe enviarlle á Oficina de Relacións Internacionais da UDC:

  • Copia da matrícula na UDC do mesmo curso académico do período de prácticas (no caso de que o documento presentado coa solicitude fose do curso académico anterior)
  • Copia do seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil válido no país de destino durante todo o período de prácticas
  • Copia del visado (de ser o caso)

AO INICIO DAS PRÁCTICAS

Enviar certificado de chegada (español/inglés) ao comezo do periodo de prácticas.

AO FINALIZAR O PERÍODO DE PRÁCTICAS

O estudante debe entregar na ORI da UDC:

  • Orixinal do Informe final de avaliación asinado polo titor na institución de destino (español / inglés)
  • Certificado de fin de estancia asinado e selado pola institución de destino (aceptaranse documentos escanados) (español / inglés)
  • Informe final do estudante debidamente cuberto e asinado polo estudante