Erasmus + Participantes con necesidades especiais

EU flag-Erasmus+

Unha persoa con necesidades especiais é un participante potencial cuxa situación física, psíquica ou sensorial é tal que a súa participación nunha actividade de mobilidade non sería posible sen unha axuda financeira superior ou adicional.
Para acceder ás axudas establecidas no Programa Erasmus+ para as persoas con necesidades especiais no eido da educación superior, os participantes deberán ter recoñecida e cualificada legalmente unha discapacidade en grado igual ou superior ao 33 por 100, así como cumprir co resto dos criterios de elixibilidade establecidos no programa.

 

CURSO 2019/20

PARA MOBILIDADES A PAISES DO PROGRAMA ERASMUS+ (KA103)

Información sobre necesidades especiais Erasmus+ KA 103 2019/20

Solicitude: Os estudantes ou persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior deberán presentar por escrito unha solicitude de axuda especial ou adicional para necesidades especiais á Oficina de Relacións Internacionais (email: rrii@udc.es) e deberán adxuntar a súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, e no seu caso, a documentación requerida para axudas adicionais.

A solicitude deberá enviarse preferentemente polo menos un mes antes do comezo da mobilidade do participante, e en todo caso, antes do 28 de febreiro de 2020. En ningún caso, admitiranse solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.

 

PARA MOBILIDADES A PAISES ASOCIADOS DO PROGRAMA ERASMUS+ (KA107)

Información sobre necesidades especiales Erasmus+ KA107 2019/20

Solicitude: Os estudantes ou o persoal da UDC seleccionados para participar no programa Erasmus+ no ámbito da Educación Superior deberán presentar por escrito unha solicitude de axuda adicional para necesidades especiais á Oficina de Relacións Internacionais (email: iro@udc.es) e deberán achegar á súa solicitude unha copia do certificado do grao de discapacidade recoñecido, así como un orzamento e os documentos xustificativos do devandito orzamento.

A solicitude deberá enviarse preferentemente polo menos un mes antes do comezo da mobilidade do participante, e en todo caso, antes do 28 de febreiro de 2020. En ningún caso, admitiranse solicitudes unha vez finalizada a mobilidade do participante.

 

CURSO 2018/19

Información necesidades especiais erasmus 1819

Solicitude: enviar un email a rrii@udc.es antes do 28 de febreiro de 2019, adxuntando o certificado do grao de discapacidade recoñecido.