Admisión estudantes internacionais

Admisión estudantes internacionais

Deixarías pasar a oportunidade da túa vida? A Universidade da Coruña ofértache esta oportunidade. Rexístrate nun dos nosos programas e vivirás unha experiencia única. Descobre as razóns para vir a estudar na nosa institución, ben como estudante regular, estudante visitante ou de intercambio, ben para formar parte da nosa International Summer School con cursos intensivos de dúas semanas. Máis información

Estuda en inglés na UDC

Para os estudantes internacionais, os cursos en inglés son unha boa oportunidade para estudaren nun país diferente e aprender de xeito cómodo. Para aqueles que queren estudar na UDC, mais prefiren facelo en inglés por non se sentiren seguros para estudar en castelán ou galego, ou porque queren aprender dous idiomas, presentamos a nosa oferta académica en inglés, que abrangue diferentes campos de estudo. Máis información

International Summer School

International Summer School

A International Summer School ofrece cursos intensivos de dúas semanas impartidos por profesores universitarios de recoñecido prestixio nos seus respectivos campos de investigación. Os cursos serán en inglés, cun valor académico de 6 créditos ECTS cada un, podendo ser recoñecidos por cursos opcionais específicos nalgúns títulos oficiais acreditados de grao ou máster da Universidade da Coruña. Máis información