A Universidade da Coruña foi creada en 1989. É unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, a xestión e a difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da docencia e da investigación básica e aplicada que contribúan ao progreso científico, tecnolóxico, económico e social. É unha institución moderna, innovadora e dinámica a está fortemente comprometida coa educación integral dos seus estudantes: á súa ampla e sólida oferta académica se lle unen específicos programas culturais... Ler máis
A Coruña:
- Siglo XXI
- Rialta
- Elvira Bao
Ferrol:
- Residencia universitaria pública
- Porta Nova
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias da Comunicación
Facultade de Ciencias da Educación
Facultade de Ciencias da Saúde
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Facultade de Dereito
Facultade de Economía e Empresa
Facultade de Filoloxía
Facultade de Fisioterapia
Facultade de Informática
Facultade de Socioloxía
Escola Universitaria de Enfermaría
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Escola Universitaria de Turismo
Á beira do Océano Atlántico, A Coruña é unha cidade histórica cuxo símbolo é a Torre de Hércules, Patrimonio da Unesco desde 2009. Na Coruña atoparás museos, teatros e centros culturais que, xunto coas súas rúas, prazas e igrexas medievais, forman a columna vertebral da vida cultural da cidade. Máis información
O barrio da Magdalena, o arsenal, os museos navais, Ferrol Vello, o castelo de San Felipe e as fortificacións ao longo da ría, a súa gastronomía, as súas praias, os seus arredores, a Semana Santa e os festivais e tradicións… son algunhas das razóns, entre outras moitas, para visitar Ferrol. Máis información