Proxectos sociosanitarios

 

HOSPITAL MATERNO INFANTIL (A CORUÑA)
O ingreso hospitalario en menores conleva en moitas ocasións unha serie de desaxustes sociais, familiares, emocionais e educativos e soe traer consigo unha ruptura do seu entorno social. As persoas voluntarias da Oficina de Cooperación e Voluntariado visitan aos nenos e nenas de entre 0 a 3 anos que están hospitalizados no Hostipal Materno Infantil Teresa Herrera (A Coruña) para facer a súa estadía máis amena a través da animación hospitalaria. Contacontos, globoflexia, monicreques etc. son algunhas das actividades que se levan a cabo nos obradoiros de animación realizados polas persoas voluntarias.

 

ACOMPAÑAMENTO NO ÁREA DE REHABILITACIÓN DO HOSPITAL MARÍTIMO DE OZA (ACORUÑA)
O voluntariado da OCV visita as persoas ingresadas no área de rehabilización deste hospital, adicando un tempo para a conversa e o acompañamento ás persoas en tratamento e ás súas familias. Así mesmo, realízanse actividades grupais de lecer con fins integradores como bingos, torneos de cartas ou paseos ao aire libre.