Proxectos con persoas maiores

COLABORACIÓN CON ACCIÓN FAMILIAR FERROL (FERROL)

A OCV asinou un convenio con Acción Familiar Ferrol para a execución dun programa de voluntariado que se concreta en dous proxectos, ambos centrados no acompañamento ás persoas maiores da Residencia de Caranza. Por unha banda, o proxecto “Acompáñame”, no que o voluntariado acude ás visitas médicas cos residentes (fundamentalmente en horario de mañá); e por outra, o proxecto “Tempo de Lecer”, no que se lles acompaña polas tardes no seu tempo libre, dentro e fóra da Residencia.